Non puido ser: Remata a fase de ascenso a LEB Prata para o Ucoga Seguros C.B. Chantada

Despídese cunha victoria 68-67 ante o Unió Esportiva Mataró

Imaxen dun momento do partido entre Ucoga Seguros CB Chantada y Fuenlabrada.

Por quinta vez na súa historia chegaban os chantadinos a unha fase de ascenso a LEB Prata. Esta vez os de Alberto Fafián chegaban a Salou, sede da fase, con todas as expectativas de éxito intactas, trala magnífica tempada realizada na liga regular. Non era doado lograr unha das cinco prazas en xogo. O Ucoga Seguros CB Chantada quedou encadrado no Subgrupo I, xunto a equipos da talla do CB Fuenlabrada (filial do equipo ACB) que ó final levouse o ascenso, Sant Antoni Eivissa Feeling e UE Mataró Germans Homs.
O CB Fuenlabrada presentábase xa como un dos candidatos para bater tras liderar o seu grupo durante a prática totalidade do tramo regular. Entre os seus xogadores máis destacados atopamos a un Bassala Bagayoko que será a sensación desta fase tras estrearse en Liga Endesa con 14 anos e 7 meses, superando ao debutante máis novo da competición, Ricky Rubio. O Sant Antoni, liderado polo veterano Jordi Grimau, xogador con máis de 600 partidos na elite do baloncesto nacional, no seu primeiro ano en Liga EBA conseguiu colarse entre os mellores e só cedeu nun encontro dos trece que disputou no apertado grupo C. O UE Mataró é o equipo con máis traxectoria en Liga EBA de todo o subgrupo 1. Máis de 10 campañas na categoría e máis de 20 en competición FEB permiten con fartura que o combinado catalán soñe con ascender. Un mozo Jordi Juanola lidera ao grupo nas estatísticas.

Empezou o Ucoga Seguros CB Chantada perdendo claramente ante Fuenlabrada por 60-84, derrota que repetiu na segunda xornada ante o Sant Antoni Ibiza Feeling por 62-88, resultado que xa dejaba sin opcións ós chantadinos na derradeira xornada, na que acadaba a sua única victoria ante o Mataró

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mentres o Club Lemos desínflase nas últimas xornadas, a SD Sarriana consolídase como líder

Seguinte Nova

O FanCine de Lemos volverá con forza en xullo

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss