O Ateneo Casino de Monforte acolleu este mes a presentación do libro «Ribeira Sacra. Origen y evolución de la Denominación de Calidad», escrito por José Mouriño Cuba e editado por Belagua Ediciones, coa colaboración de Caixa Rural Galega e os GDR Ribeira Sacra- Courel, Miño-Ulla, Comarca de Ourense e Sil-Bibei-Navea.
RELATO EN PRIMEIRA PERSOA DA XÉNESE DA D.O. RIBEIRA SACRA
No seu libro, Mouriño Cuba ofrece un relato en primeira persoa sobre a historia da recuperación do viñedo na Ribeira Sacra. O autor, xubilado do seu posto como xefe do Servizo de Control de Calidade e Industrias de Lugo, foi o responsable do equipo técnico que liderou o proceso que deu lugar á creación, nos anos 90, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
José Mouriño Cuba estivo acompañado no Ateneo Casino pola concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón; o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela; e a directora de Belagua Ediciones, Edurne Baines.•
Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO
Os días 10, 11 e 12 de maio, o Concello de Taboada acollerá a segunda edición
A Feira, na súa 31ª edición, celebrarase tres días seguidos, dende o venres 3 ata domingo
O Concello de Pantón agarda con entusiasmo os días 11 e 12 de maio para celebrar
A primeira fin de semana de maio chegará con todo o esplendor da enoloxía ás históricas