A adega Finca Míllara pon en valor o traballo e esforzo durante moitos anos pola elaboración de viños de calidade coa obtención o diploma de certificación do selo Galicia Calidade da Xunta de Galicia. No acto de entrega do certificado —ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias—, Manuel Heredia, presidente de Galicia Calidade e director xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, salientou a aposta de Finca Míllara polos “viños de calidade, mediante a produción sustentable”, sen herbicidas e vendima manual para obter o mellor dos viñedos.
Adega Finca Míllara de Pantón é un proxecto empresarial que abrangue tamén a restauración, a produción de aceite de oliva ou as conservas. Naceu no ano 1999, cando os seus promotores decidiron recuperar as antigas plantacións e comprar viñas aos viticultores do contorno, creando dese xeito unha das maiores fincas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Na actualidade conta con 21 hectáreas de cepas en ladeiras de lousa cun desnivel do ata o 50%. Producen 70.000 botellas con uvas de produción propia e plantando novas cepas para incrementar a súa capacidade.•
Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO
A primeira fin de semana de maio chegará con todo o esplendor da enoloxía ás históricas
O Concello de Sober acolleu a pasada semana o evento máis esperado do ano, a XLIV
O sector vitivinícola galego recibe un impulso significativo co anuncio da publicación, a pasada semana no
A Feira do Viño de Chantada foi un auténtico éxito, moita animación, caras coñecidas, boa organización