A igrexa de San Vicente a punto

A celebración de San Blas reúne en Monforte a centos de persoas cada 3 de febreiro.

O vindeiro 3 de febreiro celebrase en moitos lugares de Galicia o San Blas, e como non, en Monforte tamén, neste caso no templo de San Vicente do Pino. Conta a tradición que San Blas foi coñecido por facer sanacións miragrosas, pero sobre todo, por ser avogoso para os males de garganta despois de salvar a un neno que afogaba por mor dunha espiña cravada na gorxa. En Monforte a tradición manda que os fieis leven a bendecir as cintas que máis tarde colgan ao pescozo, pero tamén roscas e rosquillas. Deste xeito, cada ano a igrexa de San Vicente rexistra un cheo absoluto, especialmente durante a misa principal na que centos de persoas tentan abrirse camiño para achegarse á imaxe do santo e poder pasar as cintas polo seu pescozo. Na actualidade a igrexa está en obras pero tal e como ven de sinalar o delegado episcopal de Patrimonio Histórico, César Carnero, o templo estará listo para acoller este ano dita celebración. Para César Carnero, tamén párroco desta igrexa durante moito tempo, trátase dunha celebración que nos últimos anos foi en aumento e que hai que conservar. “É unha das tradicións máis consolidadas do concello, máis típicas e que ademáis ofrece a oportunidade de disfrutar dun espazo espectacular como o de San Vicente do Pino”. Para el poder ver á xente levando as roscas e as cintas é un acto moi emotivo, “unha celebración moi entrañable” na que agarda poder estar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra fai balance positivo do 2010

Seguinte Nova

José Antonio García, candidato do PP á alcaldía de Sarria

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: