Redacción- Monforte
A Xunta de Galicia investirá 149.000 euros na instalación de vinte oficinas virtuais de información turística nos concellos da Ribeira Sacra, así como no desenvolvemento de campañas de promoción en colaboración co Consorcio de Turismo, tal e como quedou reflexado no convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Turismo e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
A través deste acordo, a Secretaría Xeral investirá en concreto 100.000 euros na instalación dos vinte puntos de información, e 49.000 en campañas de información. A instalación das oficinas virtuais de turismo deberá estar completada a principios do mes de outubro. Pola súa banda, o Consorcio de Turismo achegará máis de 32.000 euros destinados a sufragar os gastos de persoal e correntes.