En prazo a nova potabilizadora de Monforte

A Comisión de Seguimento do proxecto de ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos reuníase nos pasados días na cidade do Cabe coa presenza de representantes de AcuaNorte, Xunta de Galicia e Concello de Monforte, as tres institucións que promoven esta importante actuación.

PRAZOS DESTA OBRA

O goberno local informou de que os integrantes da Comisión de Seguemento constataron que o proceso segue os pasos previstos, que se están a cumprir os prazos marcados, e que se realizan os trámites correctos dun proxecto que continúa en exposición pública dende o día 5 de novembro. Actualmente realízanse xestións coa Xunta de Galicia encamiñadas a conseguir a declaración de urxente ocupación dos terreos e bens que serán destinados á construción da nova potabilzadora. As previsións da Comisión de Seguimento estiman que no mes de abril do vindeiro ano 2012 poidan iniciarse as obras de execución do proxecto que dotará a Monforte dun novo sistema de tratamento de auga potable.

CARACTERÍSTICAS DESTA ACTUACIÓN

As obras que contempla o citado proxecto son, por unha parte, a construción dunha nova ETAP en Ribasaltas con capacidade de 200 litros por segundo; a construción dun novo depósito en Ribasaltas con capacidade de 3.500 metros cúbicos; unha nova central de bombeo en Ribasaltas con caudal para 200 l/s; unha nova condución de impulsión entre a ETAP de Ribasaltas e o depósito do monte do Cornado. Por outra banda, o convenio prevé a mellora das conexións en depósitos de San Vicente mediante a instalación de válvulas de control automático de enchido, así como a regulación no depósito de Piñeira a través da instalación dunha válvula para regulación do nivel do depósito. Segundo anunciaron os responsables do proxecto, o custe total da actuación ascende a 5,4 millóns de euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A plataforma sanitaria estuda accións contra os posibles cobros por servizos complemetarios á sanidade

Seguinte Nova

Novos premios por mercar en Chantada e acudir á Feira de Reis

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss