ICOS abrirá en Chantada a súa primeira tenda agraria

A cooperativa ICOS de Chantada inaugurará unha tenda agraria baixo a franquía Mercarural, unha rede de tendas agrarias que incorpora criterios mercantís unificados e unha imaxe unificada e moderna.

ESPAZO INTEGRADO CON VARIOS SERVIZOS

O novo establecemento terá unha superficie de 800 metros cadrados, onde poderán adquirirse unha ampla variedade de produtos, desde alimentación con despacho de pescadería, ata droguería e xardinería, así como roupa e calzado de traballo, sementes de horta, material de hixiene e muxido, e produtos fito e zoosanitarios, entre outros elementos relacionados coa actividade agrícola e gandeira. Deste xeito, e según comentaron os responsables do proxecto, os clientes do novo establecemento chantadino poderán disfrutar de tenda agraria, supermercado, taller de automoción e agrícola, centro de lavado e gasolineira sen apenas desprazarse.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra en Monforte acolleu as catas para os Distinguidos Gallaecia e Excelencia 2012

Seguinte Nova

Presentada a VI Edición do Certame de Investigación Lingüística Condado de Pallares

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: