O Grupo Municipal do Partido Popular en Monforte reiterou o seu total apoio á inclusión da cidade do Cabe como unha das tres plataformas multimodais previstas no Plan Estratéxico de Transporte Ferroviario de Mercancías para a Comunidade galega, xunto con Vigo e A Coruña. Neste sentido, recentemente a voceira municipal do PP, Julia Rodríguez, fixo público o seu “firme e indiscutible respaldo” a que Monforte sexa “a porta de entrada e saída de mercancías en Galicia a través do ferrocarril”.
INCLUSIÓN DE MONFORTE POR INICIATIVA DA XUNTA
O Grupo do PP lembrou que a plataforma de Monforte de Lemos foi introducida na rede de plataformas loxísticas contempladas no “Plan Estratégico para el impulso del Transporte Ferroviario de Mercancías en España” a iniciativa da Xunta de Galicia, quen levou a cabo unha clara defensa do Corredor Atlántico no que se incluía a plataforma Monforte, no marco da revisión da Rede Transeuropea de Transportes. A voceira do PP no Concello de Monforte lembrou que a actual ministra de Fomento, Ana Pastor, defendeu diante da Unión Europea a proposta do Corredor Atlántico de Mercancías, tanto no que se refire ás infraestructuras ferroviarias como ás portuarias e loxísticas que o constitúen, entre as que se atopa a Plataforma Loxística de Monforte.
“O GOBERNO MUNICIPAL TRATA DE DESVIAR A ATENCIÓN DOUTRAS CUESTIÓNS”
Julia Rodríguez destacou “o apoio e respaldo do PP de Monforte a este Plan”, “xa que tanto a Xunta como o actual Goberno central apoiaron e defenderon esta Plataforma Loxística de Monforte, e que non existe risco nin circunstancia algunha que permita dudar da presencia de Monforte como nó loxístico principal na RedeTranseuropea de Transportes. Rodríguez puntualizou que “os movimientos de defensa desta rede que se están a facer dende o Concello neste momento teñen unha finalidade claramente política de desviar a atención respecto a outras cuestións municipais”.