Máis de 196.000 euros para a segunda fase de mellora da LU-637 en Triacastela

Durante o mes de setembro iniciaranse a segunda fase das obras de mellora do firme da estrada LU-637, que afectarán á variante do Viduedo, en Triacastela.

REMATE ANTES DE FIN DE ANO

Cun prazo de execución de dous meses, estes traballos foron adxudicados recentemente pola Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por un importe de 196.352 euros.

MELLORA DA SEGURIDADE DO TRÁFICO

Según explicaron os responsables da Axencia, este proxecto inclúe as actuacións necesarias para a reposición do firme da vía ao longo de preto de tres quilómetros que presentan fisuras no pavimento, mellorando así as condicións de seguridade para o tráfico.

DETALLE DOS TRABALLOS NO FIRME E NA SINALÉTICA

En concreto, os traballoscontemplan o perfilado de beiravías e gabias, co fin de alcanzar un ancho de 5,70 metros en todo o tramo. Asimesmo, se construirá un pedraplén para verticalizar un talud, e acometerase o reforzo do firme con formigón asfáltico. Está prevista tamén a sinalización horizontal da vía con pintura acrílica e a colocación da correspondente sinalización vertical. Por último, instalarase unha barreira de seguridade en parte do tramo. A vía presta servizo a máis de 3.500 veciños dos concellos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Samos, na comarca de Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recollida de roupa usada en Sober

Seguinte Nova

Os veciños de Bóveda, concienciados coa importancia da reciclaxe

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: