Comezan as obras do novo Centro de Atención a Maiores na Pobra do Brollón

O centro, situado na Avenida de Outeiro nun solar 1.779 m2, contará con 36 prazas e creará 25 postos de traballo. Foto GPDL.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de anunciar o inicio das obras de construción do Centro de Atención a Maiores na Pobra do Brollón. O proxecto, que conta cun investimento de 2,2 millóns de euros por parte da institución provincial, arrincou a pasada semana coa posta en marcha das máquinas na parcela destinada ao centro.
Logo de todo tipo de obstáculos administrativos atopados no camiño, a Deputación parece que por fin vai ser capaz de facer realidade esta importante infraestrutura. Como parte deste esforzo, recentemente, no Pleno, a Deputación aprobou un incremento da súa aportación en máis de 725.000 euros, unha medida necesaria ante a suba dos prezos de mercado derivada do contexto económico actual, marcado pola guerra en Ucraína. A empresa encargada dos traballos, Construcciones Alea SL, asumirá a execución dun proxecto cun prazo estimado de 12 meses. Este anuncio segue ao proceso de cesión de contrato por parte da adxudicataria inicial, un trámite autorizado pola Deputación hai apenas un mes.
José Tomé fixo fincapé no compromiso da Deputación cos servizos de atención a maiores, a pesar da falta de colaboración da Xunta de Galicia, competente nesta materia por Lei. Desde o 2019, a Deputación de Lugo, baixo a súa presidencia, puxo en marcha 6 centros e está en proceso de crear outros 9, incluído o de Pobra do Brollón.
O novo centro, situado na Avenida de Outeiro, contará con 36 prazas e espazos verdes pensados para o benestar dos usuarios. Dividido en catro áreas principais —residencial, dirección e administración, servizos xerais e atención especializada— ofrecerá unha atención de calidade aos seus residentes. Ademais, priorizará o acceso dos veciños do concello ás súas instalacións, contribuíndo ao arraigo da poboación e xerando emprego sostible, con 25 postos directos e varios indirectos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta dá inicio ás obras de mellora nas estradas entre Monforte e o Alto do Faro

Seguinte Nova

Rutas gratuítas para conmemorar o Día da Transrománica

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: