Un total de trece alumnos rematarán o vindeiro mes de novembro o curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, que se está a impartir nas dependencias da biblioteca municipal de A Pobra do Brollón dende o 9 de agosto. Esta acción formativa, financiada pola Consellería de Traballo e xestionada directamente polo Concello de A Pobra do Brollón, inclúe 468 horas lectivas que se distribúen en seis horas de clase ao día. Para unha formación máis completa, o curso integra catro módulos teóricos, impartidos por unha enfermeira e unha traballadora social, e un quinto módulo de carácter prático, que se desenvolverá no Centro de Día de A Pobra do Brollón e na residencia Geriatros. Unha vez que os alumnos completen as dúas modalidades formativas que integran o curso, recibirán un Certificado de Profesionalidade, indispensable para desenvolver estas funcións en calquera institución.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, recibiu no Pazo de San Marcos a unha
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou Chantada este martes, 22 de outubro, para participar
O colectivo Lemos Le, que agrupa bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais e a Asociación de Librarías
O Concello de Pantón inicia unha nova programación de actividades para este outono cun Obradoiro de