Iago García, do Club Neka, medalla de ouro no Open Internacional de Andalucía de taekwondo

O xove taekwondista do Club Neka de Monforte, Iago García, completa a súa progresión coa consecución, o pasado 8 de decembro, dunha das cinco medallas de ouro na categoría cadete do Open Internacional de Andalucía, celebrado en Córdoba.

O taekwondista Iago García, do club Neka de Monforte, posa coa medalla de ouro conseguida o 8 de decembro no Open Internacional de Andalucía. F.Cedida.

«MOI BOA PROGRESIÓN» DE IAGO GARCÍA

Dende o clube monfortino están «moi satisfeitos» co palmarés de Iago García, que xa con 13 anos é campión galego cadete, pertence á Selección galega de Taekwondo, e ven de acadar o 5º posto no Open de Gandía e o 2º posto no Open de Ribeira. «Esta traxectoria tan positiva non só é boa para Iago, senón tamén para todos os compañeiros e compañeiras que entrenan con el», explica José Mª Vega, xerente de Club Neka. «Os seus éxitos motivan aos demais para traballar duro», indica. Dende Neka confían en que este xove taekwondista continúe indo a máis, «é posible que poida estar presente no vindeiro Open de París en febreiro», suliña Vega.

MOTIVACIÓN NO CLUB POLOS RESULTADOS

Os resultados do Club Neka están a ser unha sucesión de éxitos, e os entrenos gañan así en adicación e expectativas. «A verdade é que estamos moi satisfeitos», precisa Vega, «motiva moito ter acadadas 12 medallas na Copa Xunta de Galicia, por exemplo», e ter a Iago na Selección galega de combate, e a Samuel López, Carlos Fernández González e Alejandro Fernández Franjo na Selección galega técnica». «Estar na Selección é unha meta, encántalles a todos e isto motiva aos demais», explica Vega.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte acollerá no Nadal o Campionato de España de Seleccións de Fútbol

Seguinte Nova

Deputación e concellos garanten o servizo de teleasistencia do 2013

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: