A monfortina Julia Rodríguez Barrera presidirá a Comisión Organizadora do XVI Congreso Provincial do Partido Popular de Lugo, que se celebrará o vindeiro 2 de marzo en Burela.
VOCEIRA DO PP NO CONCELLO DE MONFORTE, SENADORA E AGORA DEPUTADA AUTONÓMICA
Según explicaron os populares, durante a Xunta Directiva Provincial consensuáronse os membros responsables da organización do congreso, que por primeira vez na historia, terá lugar fóra da capital lucense. Julia Rodríguez, que presidirá a Comisión Organizadora, é portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte e deputada autonómica nesta lexislatura. Asimesmo, Rodríguez Barrera foi senadora no primeiro ano de mandato do Goberno Popular de Mariano Rajoy.
MEMBROS DA COMISIÓN ORGANIZADORA XUNTO A RODRÍGUEZ BARRERA
Xunto á política monfortina, traballará na comisión organizadora como vicepresidente o alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela Pérez; e como secretario, o xerente do Partido Popular provincial, Manuel Julio Platero. O equipo organizador completarase con tres vogais que recaen no presidente no PP de Ribadeo, Jesús López Penabad; na secretaria do Partido Popular en Lugo e concelleira na capital provincial, Lourdes Yáñez García; e no tenente de alcalde de Begonte, Luís Luaña Castelo.
FORMACIÓN “REFORZADA INTERNAMENTE”
Con motivo da próxima celebración do Congreso provincial, dende o Partido Popular explicaron que a formación política en Lugo chega a este encontro “reforzada internamente e coa consolidación do apoio dunha maioría social”.
AUMENTO DOS AFILIADOS AO PARTIDO POPULAR NA PROVINCIA DE LUGO
Así, os responsables populares suliñaron que dende 2009 preto dun millar de lucenses se incorporaron ao Partido Popular de Lugo, o que supón un incremento cercano ao 10% na afiliación total, sumando máis de 12.000 afiliados no total da provincia.
“APOIO CRECENTE” NAS ELECCIÓNS NOS TRES ÚLTIMOS ANOS
Asimesmo, os responsables lucenses do Partido Popular destacaron o “apoio crecente” que esta formación tivo en Lugo nas convocatorias electorias dos tres últimos anos, “ata o punto de que nas autonómicas o Partido Popular chegou a converterse nun referente”. Por último, o reforzamento desta formación lucense está avalado asimesmo polo “impulso de novas estruturas de participación e coordinación interna”, según explicaron dende o Partido Popular de Lugo.