Tres medallas para o Gimnasio Neka no Campionato Galego Promesas Cadete

Os monfortinos coparon seis dos dez primeiros postos no Campionato disputado en Cangas na modalidade de combate

Foto de familia dos integrantes do Gimnasio Neka trala súa participación no Campionato Galego Promesas Cadete de Combate en Cangas. Foto cedida.

Os máis novos do Gimnasio Neka están a garantir que o clube monfortino ten canteira. Así se demostrou no último Campionato Galego Promesas Cadete de Combate, disputado en Cangas o pasado 23 de febreiro. Tres medallas e seis dos dez primeiros clasificados foi o exitoso balance do clube monfortino nesta proba. Saúl Martínez acadou a medalla de plata, e houbo dous bronces para Manuel Veloso e Alejandro Losada; pola súa parte,Elena Varela clasificouse en quinta posición, José Roca en sexta, e o sétimo posto foi para Sara Fuente. Os próximos retos para o club Neka serán o 9 de marzo, cando participarán en Ponteareas no Campionato Galego Absoluto de Técnica, e o día 2 José Mª Vega participará como técnico da selección galega no V Open Internacional en Fuente Álamo (Murcia).

Un dos combates disputados no Campionato de Cangas. Foto cedida.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Círculo Chantadino de Xadrez, na elite da División de Honra

Seguinte Nova

Ata 100 euros de multa para os propietarios de mascotas que deixen excrementos na rúa

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio