A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria denunciará as infraccións no entorno do Camiño

Referente á publicidade irregular e ós alugueres ilegais de habitacións a peregrinos

ACES velará polo cumprimento das medidas de protección do entorno do Camiño de Santiago ó seu paso por Sarria. Arquivo EC.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES) está a recopilar información sobre as infraccións que se cometen no Camiño Francés e na zona de protección do seu entorno, ó seu paso por Sarria, co fin de interpoñer unha denuncia diante do Servizo Provincial de Turismo de Lugo.

A PUBLICIDADE NO ENTORNO DO CAMIÑO É INFRACCIÓN MOI GRAVE, SEGÚN A LEXISLACIÓN VIXENTE

Según un comunicado emitido por este colectivo, ACES busca evitar a publicidade que se inserta en paredes ou árbores, ou en forma de folletos de rúa, co fin de protexer o entorno do Camiño Francés, “xa que ademais de coidalo e protexelo, constitúe unha fonte importante de ingresos para Sarria”, explican. A Asociación de Comerciantes e Empresarios lembrou o establecido a este efecto pola Lei3/1996, de 10 de maio, de Protección dos Camiños de Santiago, que no seu artigo 16.3 establece que “en calquer caso, na zona de protección do entorno queda prohibido todo tipo de publicidade”. Esta zona de protección do entorno está fixada en dúas franxas de 30 metros de ancho, contados a partir dos límites exteriores do mesmo, polo que o uso do solo nestes espazos queda sometido á autorización da Consellería de Cultura. Asimesmo, e según argumenta a Asociación de Comerciantes e Empresarios no seu comunicado, o Decreto 227/2011, de 2 de decembro, aproba a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, denominada Camiño Francés, dende a entrada no municipio de Pedrafita do Cebreiro ata o límite do término municipal de O Pino. O mesmo artigo establece que estas infraccións terán a consideración de moi graves, a efectos do establecemento de sancións a través de multas, suxeitas ó que establece a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

DENUNCIARÁN OS ALOXAMENTOS ILEGAIS, QUE PODERÁN SER MULTADOS CON ATA 9.000 EUROS

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria sinala no seu comunicado que procederán á denuncia daqueles particulares que, sen estar dados de alta no epígrafe correspondente de Hacienda, se adiquen a alugar habitacións ós peregrinos. Dende ACES explican que esta medida trata de “evitar a competencia desleal e coidar a imaxe do Camiño”. Asimesmo, a Asociación advirte no seu comunicado que, según a lexislación vixente, esta infracción está cualificada como grave, e a sanción correspondente pode acadar os 9.000 euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os comerciantes de Sarria premiaron á clientela do Día do Pai

Seguinte Nova

O alcalde de Monforte falou na Xunta sobre a Praza de Abastos e o campo da feira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: