Recoñecemento á sostibilidade da oliveira en Quiroga

•A conselleira de Medio Rural visitou en Quiroga unha plantación e dúas empresas de aceite autóctono e viño

A conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, visita unha plantación de oliveiras en Quiroga, acompañada entre outros polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. GPMR.

O pasado 12 de abril, a conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, visitou Quiroga e coñeceu de primeira man os traballos vinculados á produción de aceite autóctono, así como doutros produtos da comarca. Acompañada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, a titular autonómica achegouse a unha plantación de oliveiras, e salientou a “importancia destas iniciativas cara a diversificación dos usos do monte e o seu correcto aproveitamento”, ademais da súa contribución na loita contra os incendios forestais.

QUIROGA, MODELO DE SOSTIBILIDADE RURAL

Asimesmo, a conselleira de Medio Rural felicitou ao alcalde, Julio Álvarez, polo “esforzo realizado neste concello para recuperar e poñer en valor esta tradición”, ao tempo que manifestou a súa confianza en que “este exemplo teña o seu reflexo en máis municipios rurais”. Durante a súa estancia en Quiroga, Rosa Quintana visitou tamén as instalacións de dúas empresas adicadas a servizos medioambientais e a estruturas metálicas, cuxa posta en funcionamento contou co apoio do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra, que os financiou cunha achega total de máis de 362.000 euros. Asimesmo, a conselleira visitou a empresa de elaboración de aceite autóctono Aceiroga, que este ano prevé producir entre 1.000 e 1.300 litros, e a adega Mondelo, que conta con dúas hectáreas de viñedo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e unha produción anual aproximada de 25.000 litros.

LIÑA DE AXUDAS PARA PROMOCIÓN DO VIÑO GALEGO FÓRA DE EUROPA

En relación coa produción vitivinícola, a titular de Medio Rural anunciou a publicación das achegas que a Xunta Xunta destina este ano á promoción do viño galego en mercados de fóra da Unión Europea. As axudas, por valor de máis de 1,8 millóns de euros e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía, teñen como obxectivo aumentar a información sobre os produtos galegos (neste caso o viño) en países terceiros, así como a súa comercialización mediante diversos programas e actividades de promoción. Asimesmo, estas axudas buscan poñer en valor a excelencia das nosas producións e facilitar a súa saída nos diferentes mercados, tanto dentro como fóra de Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga organiza un obradoiro de Scrapbook en Maio

Seguinte Nova

As axudas autonómicas permiten un aforro do 60% no alumeado público en Bóveda

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio