Éxito da I Subida Terra de Lemos

Na primeira fin de semana de maio, preto de 20.000 persoas seguiron esta proba

A organización destacou a excelente acollida desta primeira edición por parte dos 36 pilotos participantes, e as felicitacións da Federación Galega de Automobilismo polo desenvolvemento da proba

A I Subida Terra de Lemos disputouse os días 4 e 5 de maio nun tramo da LU-903 entre as parroquias de Marcelle e Gullade. (Foto cedida ETL).

Monforte xa conta con proba automobilística propia. A primeira fin de semana de maio disputouse a I Subida Terra de Lemos, organizada pola Escudería Terra de Lemos e co apoio de preto de 200 pequenos colaboradores, tres patrocinadores e a aportación do Concello de Monforte, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia. No aspecto organizativo, o evento contou co saber facer e a experiencia da Escudería Chantada, á que manifestaron o seu agradecemento os organizadores. Moi satisfeitos e sorprendidos pola participación, “xa que normalmente nunha subida nova non se conta con máis de 20 inscritos, e nós tivemos 36”, os da Escudería Terra de Lemos xa pensan na segunda edición, según explicou Eloy Pérez, secretario da agrupación. “Foi moitísimo traballo, pero é certo que recibimos as felicitacións dos pilotos, do comercio, e os hoteis estiveron ó cen por cen de ocupación”, suliña Pérez, que apuntou que tecnicamente a proba foi perfecta. “Na Federación dixéronnos que dificilmente íamos poder mellorar o ano que ven, porque foi unha carreira moi limpa”. De público non se puideron queixar: a Federación estima que do 4 ó 5 de maio preto de 20.000 persoas déronse cita en Monforte para o bautismo de neumático desta prometedora iniciativa deportiva.

Os vehículos participantes encheron a Praza da Compañía no parque pechado que deu comezo ó evento. (Foto cedida ETL).

 

César Rodríguez Alonso, da escudería Augas Termais, alzouse co primeiro posto do podio, seguido por Sergio Varela Juan, de HVC Escudería e por Sergio Vallejo Folgueira, da escudería Ourense. (Foto cedida ETL).

 

Membros da organización, premiados e autoridades posan na foto de familia. (Foto cedida ETL).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ferreirúa celebrou a gran festa do atletismo lucense

Seguinte Nova

O golfista monfortino José Ángel Pérez Reñones, sexto no XI Open Internacional de Pitch & Putt de San Marino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: