O PP de Lugo reuniuse cos cargos públicos locais de Chantada

Dentro da programación de encontros que ó longo deste mes está a realizar o Partido Popular de Lugo cos responsables locais e comarcais da provincia, o presidente do PP de Lugo e voceiro do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, reuniuse en Antas de Ulla con Ramiro Moure, coordinador territorial de Chantada e alcalde de Taboada, e con Javier Varela, o rexedor de Antas. Según explicaron dende o PP de Lugo, José Manuel Barreiro quere coñecer de primeira man as principais reivindicacións dos cidadáns en cada comarca, e amosar o apoio da dirección provincial aos afiliados e ao traballo que realizan os distintos Grupos Municipais en cada concello. Pola súa banda, Sarria e Monforte tamén acollerán este mes cadansúa reunión territorial.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria, Portomarín e Triacastela disporán de persoal en Turismo para ofrecer información específica das Rutas Xacobeas

Seguinte Nova

Investimento para a conservación do noso patrimonio artístico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: