O alcalde de Bóveda esixiu á Deputación que colabore economicamente para mellorar o suministro de agua

Foto de arquivo do encoro de Vilasouto, con presencia de cianobacterias na auga. Arquivo EC.

O alcalde de Bóveda e deputado provincial, José Manuel Arias, defendeu no último pleno da Deputación de Lugo a urxencia de debate dunha moción para que a administración provincial colabore economicamente na mellora do sistema de abastecemento de auga do municipio, “tal e como se comprometera verbalmente”, según precisa o rexedor local.

CRÍTICA Ó RETRASO EN ATENDER ESTA PETICIÓN

Neste senso, José Manuel Arias censura que o Goberno provincial “non considere urxente o problema da agua en Bóveda, relegando o debate da moción ao pleno de outubro”. Arias non entende que os dous partidos no Goberno provincil, co voto en contra da urxencia, impedisen urxirlle á Deputación a que asuma os seus compromisos, dando así resposta a un “problema que implica unha actuación inmediata dado as deficiencias no abastecemento de auga” e máis tras ter constancia dun informe de Sanidade que recolle que “a auga de Bóveda non é potable para o consumo”. Arias lamenta “que os dous partidos políticos evitasen que se entrase no debate en fondo” dunha moción sobre unha situación que implica a “máxima axilidade na súa xestión”. O deputado e alcalde invita ao grupo do PSOE e do BNG no Concello “a que se pronuncien ao respecto” e “que expliquen se consideran oportuna a actuación dos seus socios na Deputación que forman parte dun equipo de goberno que a data actual non iniciaron os trámites aos que se comprometeron para colaborar co concello”. O alcalde de Bóveda lamentou que “a Deputación de Lugo evade colaborar cos municipios, incluso ante situación de primeira necesidade, como é a oferta dun servizo de auga potable”.

ESIXEN COLABORACIÓN ECONÓMICA

Según explicaron os responsables do Grupo provicial do Partido Popular, a Deputación firmou en 2011 un convenio co Concello para a construción dunha piscina municipal, tras terse asinado un primeiro convenio no 2007. Según os populares, pese a que o municipio respondeu ás peticións para materializar este proxecto, aínda non se levou a cabo, existindo polo tanto a dotación orzamentaria que adxudicara para esta obra. Dada a presenza de cianobacterias no abastecemento de auga municipal, e tendo elaborado un proxecto para solventar este problema, o alcalde solicitou a reorientación dos fondos da partida destinada á piscina para resolver o servizo da auga. Os populares aseguran que a Deputación garantiu ó alcalde a súa colaboración económica para a mellora na Etap de Bóveda-Fase II, pero que a institución aínda non realizou ningún trámite ó respecto.•

OS SOCIALISTAS DE BÓVEDA GABAN QUE O ALCALDE “ESCOITARA A NOSA PROPOSTA” E NON COBRE A AUGA “MENTRES ESTÉ EN MAL ESTADO”

A voceira socialista no municipio, Carme Macía, considerou indignante” que o rexedor non advertise “de inmediato” ós veciños dos resultados do informe de Sanidade que determina que a auga da traída municipal non é potable. A voceira socialista lembrou que José Manuel Arias “leva catro meses facendo oídos xordos ás nosas advertencias e recomendacións, acusándonos ata de crear unha alarma innecesaria, e agora son os bovedenses os que pagan a súa neglixencia”. Para a edil, o alcalde “é incapaz de solucionar un problema da súa competencia e tampouco conta co apoio da Xunta, que ten abandonados ós concellos, polo que recorre á Deputación sabendo que é a única que lle pode axudar”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Actividades extraescolares á carta en Bóveda

Seguinte Nova

Comezou en Escairón a xira do documental “Asolagados”, do chantadino David Vázquez

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio