Unións Agrarias analizou cos cazadores de Lugo medidas para o control de danos do xabarín

Rolda de prensa dos responsables de Unións Agrarias e as asociacións de cazadores da provincia de Lugo. (Foto cedida).

A finais do mes pasado, e ante a escalada de danos do xabarín nos cultivos de millo, o sindicato agrario reuniuse con representantes dos cazadores da nosa provincia para pactar actuacións de cara ós 12 días hábiles de caza do xabarín antes da colleita do millo, prevista para mediados deste mes. Dende Unións Agrarias pediron «que non quede ningún cazador na casa», facéndose eco da preocupación de moitas familias do rural, que temían pola integridade das súas colleitas. Os cazadores comprometéronse a intensificar o control das poboacións de xabaríns nestes días, e sinalaron que a poboación de xabarín baixou un 40% respecto á campaña de 2011.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria promove o cooperativismo

Seguinte Nova

Novidades do mundo do viño na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: