Novidades do mundo do viño na Ribeira Sacra

•Máis de 4 millóns e medio de quilos de uva nesta vendima

A vendima, unha actividade habitual do setembro nos concellos do sur de Lugo, retrasouse este ano ata o mes de outubro. Arquivo EC.

Un total de 4.769.985 quilos de uva levábanse recollidos á data de 14 de outubro, según informaron dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Das 97 adegas que elaboran viño ó amparo deste selo, 67 tiñan completada a vendima en dita fecha, mentres que 29 seguían a traballar nas tarefas de recollida. Das variedades máis frecuentes, vendimáronse este ano 3.795.609 quilos de uva mencía, 194.023 quilos de garnacha, 213.859 quilos de godello, 72.002 quilos de albariño e 29.505 de treixadura.

•O presidente Obama brindou con Ribeira Sacra no Mes da Hispanidad

• O presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, ven de celebrar o Mes da Hispanidad co viño tinto «Peza do Rei», elaborado por Bodegas Cachín en A Teixeira, baixo o amparo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. É a primeira vez que un viño galego accede á mesa da selecta cea de gala do Congressional Hispanic Caucus (Asociación de congresistas e políticos hispanos dos EEUU), celebrada o 2 de outubro. Pola súa parte, Bodegas Cachín leva cinco anos introducíndose no mercado estadounidense, con excelentes resultados: a súa colleita do 2008 obtivo 91 puntos na lista Parker, e esta elección supón un importante apoio para a promoción de todos os viños da Ribeira Sacra en terras norteamericanas.

•O Grupo Vinigalicia aposta pola innovación

• O Grupo Bodeguero Vinigalicia con sede en Chantada ven de obter a certificación da xestión da innovación a través da norma UNE166002, que define os requisitos que debe cumprir un sistema de xestión de I+D+I en tecnoloxías e produtos do sector vitivinícola. A certificación, levada a cabo por Bureu Veritas Certification, ofrece unha vantaxe competitiva ós produtos deste grupo, tanto nos mercados nacionais como internacionais ó presentalos como produtos comprometidos coa calidade e resultado dunha axeitada xestión en innovación. Esta certificación ven sumarse ó certificado de calidade británico BRC, concedido a Vinigalicia en maio deste ano por Bureau Veritas. Según explicaron os responsables do grupo adegueiro chantadino, Vinigalicia completa así «un sólido aval para a consolidación dos nosos produtos nos mercados máis esixentes, ó contar cos estándares fundamentais para os provedores da distribución alimentaria». Ademais, Vinigalicia presentou a nova imaxe do seu viño Terra Mundi, máis moderna e divertida, cunha tipografía máis desenfadada.

Viñobús de Vendima, e talleres de fotografía no Centro do Viño de Monforte

A vendima está a convertirse nunha excusa anual para disfruta do lecer na natureza e desenvolver a creatividade. Dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra puxeron en marcha o Viñobús de Vendima as dúas primeiras fins de semana de outubro, para coincidir cos traballos de recollida da uva. Dende Ourense partiu o primeiro viñobús, con visitas ás terras de Castro Caldelas e A Teixeira, para voltar polo Centro do Viño e visitar Sober. O segundo dos itinerarios centrouse en Pantón, O Saviñao e Belesar. Esta actividade desenvolveuse no marco do convenio de colaboración firmado polas Rutas do Viño de Galicia coa Axencia de Turismo de Galicia.

Asimesmo, o Centro do Viño da Ribeira Sacra, en colaboración co Consello Regulador e a Ruta do Viño organizaron dous talleres de fotografía en torno á vendima, nas dúas primeiras fins de semana de outubro. A cargo de fotógrafos profesionais, os participantes recibiron primeiro nocións básicas para afrontar despois os traballos de fotografía nas zonas vitivinícolas ó longo da xornada, con xantar e visita a adega incluídos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Unións Agrarias analizou cos cazadores de Lugo medidas para o control de danos do xabarín

Seguinte Nova

Xornada técnica gratuíta en Monforte sobre prevención de riscos laborais en hostelería

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio