Lugo amosa a exposición «Visións», co traballo de 7 fotógrafos lucenses, ata o 20 de decembro

A exposición “Visións” foi inaugurada o día 19 polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Jesús Ramos Ledo, e o presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, con algúns dos fotógrafos participantes na mostra. GPDTL

O edificio administrativo da Xunta en Lugo acolle a exposición “Visións”, unha mostra colectiva que nace con vocación itinerante, disposta a percorrer os concellos da provincia que soliciten a súa acollida. Organizada polo Grupo Cinematográfico Fonmiñá, a mostra reúne a obra de sete fotógrafos lucenses: Miguel Calvo, Luis Engroba, Fernando Gago, José Manuel Guisasola, Méndez, Eduardo Ochoa e Xosé Manuel Otero. A exposición “Visións” integra tres obras representativas do traballo de cada fotógrafo, en formatos e estilos que van dende a sobriedade do branco e negro ata a singularidade cromática da fotografía traballada con medios dixitais. A mostra está aberta de luns a venres de 9 a 20 horas, e os sábados de 9 a 14 horas, ata o 20 de decembro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Camiño de Santiago, unha das experiencias turísticas máis sustentables según a Organización Mundial do Turismo (OMT)

Seguinte Nova

Charlas para informar sobre o papel das familias na prática deportiva dos máis novos

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio