Cultura xa dispón do estudo sobre a historicidade do Camiño de Inverno a Compostela

Paso adiante no recoñecemento oficial da ruta

Un momento da reunión entre a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Aída Menéndez. GPDTL.

O intenso traballo desenvolvido dende a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra para acadar o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno a Compostela ven de recibir un novo impulso dende a Consellería de Cultura, onde xa dispoñen do estudio sobre a historicidade desta ruta, paso fundamental para continuar co proceso de declaración oficial de itinerario xacobeo. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantivo o pasado 28 de xaneiro unha reunión coa presidenta a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Aída Menéndez, onde lle transmitiu os pasos que está a dar a Consellería de Cultura neste sentido.

A LEI DE PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO ESTABLECE A OFICIALIDADE SÓ PARA AS RUTAS HISTÓRICAS RECOÑECIDAS OFICIALMENTE

Arias asegurou que a Xunta leva tempo “realizando o traballo documental que debe basear todo o proceso”, e “é coñecedora do papel cada vez máis notable que xoga esta ruta dentro dos Camiños a Santiago”. Froito deste labor, afirmou a delegada en Lugo, a Consellería de Cultura xa dispón dun estudo sobre a historicidade da proposta, que é un requisito imprescindible para soster a petición de oficialidade. Neste sentido, Raquel Arias explicou que a Lei de Proteción dos Camiños de Santiago establece a oficialidade só para as rutas históricas recoñecidas documentalmente, polo que foi preciso comezar por analizar as rutas tradicionais dos Camiños de Inverno en Galicia. Según explicou Raquel Arias, este informe foi entregado á Consellería de Cultura hai un mes para ser supervisado e valorado polos correspondentes servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Raquel Arias asegurou que “se están a realizar os procedementos técnicos, legais e administrativos necesarios para que así poida ser, no menor prazo posible”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adxudicado o contrato de execución das obras de mellora da ETAP de Bóveda

Seguinte Nova

Un proxecto de eficiencia enerxética mancomunado permite un aforro do 80%

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio