O itinerario previsto inclúe unha visita ó Museo Arturo Baltar, acompañados polo propio artista. Ademais, o grupo coñecerá in situ as máis destacadas mostras da riqueza patrimonial da cidade das Burgas, como as igrexas de Santa Eufemia e Santa María, o Pórtico do Paraíso da Catedral, o Claustro de San Francisco, a contorna da Burgas, o Cemiterio, e os fondos do século XVIII do Museo Arqueolóxico, entre outros. Dentro das actividades de LugoPatrimonio para febreiro, o día 4 tivo lugar no Pazo de San Marcos de Lugo a conferencia titulada «A Galicia do século XVIII, ou do solpor do barroco», a cargo do profesor Pegerto Saavedra, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece