Comeza o II Concurso de Deseño de Camisolas Festival do Castro 2014

O Festival do Castro é unha cita inesquecible para todos os públicos no verán do sur lucense. (Foto cedida arquivo web Festival do Castro).
O Festival do Castro é unha cita inesquecible para todos os públicos no verán do sur lucense. (Foto cedida arquivo web Festival do Castro).

A Asociación Cultural O Castro abriu o prazo de recepción de traballos para o II Concurso de Deseño de Camisolas Festival do Castro 2014. De temática libre, só se require que os deseños teñan que ver coas características deste evento festivo e cultural, no que a música e a gastronomía do país teñen especial importancia. Os participantes deberán ter máis de 16 anos, e cada un pode presentar ata tres deseños.

CARACTERÍSTICAS DOS DESEÑOS

Os traballos, orixinais e inéditos, poderán ser en branco e negro ou cor, non superando as 3 tintas, e cunhas medidas máximas de 27 cms de ancho por 40 cms de alto. Presentaranse en formato dixital ata 10 Mb en arquivo jpg, a través do e-mail festivaldocastro@gmail.com, acompañado dos seguintes datos: asunto “II Concurso de Deseño de Camisolas Festival do Castro”, nome e apelidos do autor do deseño, e número de teléfono de contacto ou correo electrónico do autor do deseño.

PREMIOS

Haberá un primeiro premio dun bono de estancia para 2 persoas na Casa Rural Rectoral de Castillón, cunha noite en réxime de media pensión a disfrutar ó longo do 2014 previa consulta de disponibilidade, ademais de 2 camisolas do Festival do Castro 2014. O segundo premio son 2 entradas para o Xantar Popular do Festival do Castro 2014, unha camisola do Festival do Castro 2014 máis lote de produtos do Festival do Castro a determinar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón participa no obradoiro de emprego da Xunta que acondicionará varias áreas recreativas do municipio

Seguinte Nova

A comarca de Sarria celebra a VI Festa do Cocido do Porco Celta de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: