UGT-Lemos critica que máis do 90% do emprego que se crea é temporal e a tempo parcial

O secretario xeral de UGT-Lemos, Mario Docasar, valorou positivamente o descenso do desemprego nas comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga no mes de abril, que rexistraron un total de 202 parados menos. Docasar suliñou que o 52% desta diminución rexistrouse en Monforte, correspondendo a baixada ós sectores de hostelería e servicios, maioritariamente.
A pesares desta baixada do desemprego no sur lucense, dende o sindicato UGT-Lemos consideran “preocupante” o gran número de contratos temporales e a tempo parcial que, según precisou Mario Docasar, superan o 90% dos novos contratos realizados no mes de abril. “Isto significa que o emprego que se está a xerar leva consigo salarios de 400 euros”, denunciou o secretario xeral de UGT-Lemos. O sector con máis baixada de paro foi o de servizos, con 101 parados menos, seguido da industria, con 48, a agricultura, con 27, e a construcción, con 23.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Inscritos os primeiros 100 autónomos e pequenas empresas no Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial

Seguinte Nova

A AD A Pinguela, Campión Galego Infantil Feminino

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: