As rúas de Monforte ferveron de xente na Fashion Night

A vindeira cita será o 30 de agosto, cando os establecementos do CCU repitan esta fórmula na Noite Branca

•O sábado 9 de agosto, os establecementos do CCU abriron dende as nove da noite ata a unha da madrugada, animando as rúas con música, obradoiros de maquillaxe, photocalls e consumicións, así como interesantes descontos

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A apertura pola noite dos establecementos asociados ó CCU de Monforte animou a veciños e visitantes a vestir as súas mellores galas e saír a disfrutar do ambiente festivo polas rúas máis céntricas da cidade. Ademais da animación musical, que encheu de ritmo e dinamismo o centro urbano, esta iniciativa do CCU Monforte contou tamén co público máis xove, que puido disfrutar dos obradoiros de maquillaxe, debuxo e globoflexia, entre outros, nunha agradable e concurrida noite do verán monfortino. As luminarias escollidas para a ocasión encenderon a noite monfortina pola ruta comercial dos establecementos participantes na Fashion Night, e contribuíron a dar vida á noite do sábado 9 de agosto. O centro da cidade rexistrou un gran movemento de público coincidindo coa celebración da Fashion Night. Clientes e visitantes dos establecementos participantes nesta iniciativa do CCU Monforte foron agasallados en diferentes stands con consumicións gratuítas a pé de rúa. (Fotos: EC).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Asesoramento gratuíto ós cidadáns para aforrar na factura da luz

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón acollerá unha xornada sobre o novo marco lexislativo dos montes comunais en Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: