Aberta a inscrición nas próximas carreiras do IV Circuíto Leader Ribeira Sacra

•Logo da carreira de San Clodio, a vindeira cita será en Bóveda, na VIII Carreira Solidaria Río Mao, o 24 de maio •O día 30 está prevista a XV Carreira Popular Ruta do Románico en Pantón

As carreiras populares do Circuíto Ribeira Sacra están a reunir un importante número de participantes, ano tras ano. Arquivo EC.
As carreiras populares do Circuíto Ribeira Sacra están a reunir un importante número de participantes, ano tras ano. Arquivo EC.

 

• Logo da celebración, o 3 de maio, da IV Carreira Popular do Concello de Ribas de Sil, xa está aberto o prazo para as vindeiras citas do IV Circuíto Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares. O día 26 disputarase a VIII Carreira Solidaria Río Mao en Bóveda, na que os adultos participantes abonarán 2 euros na inscrición e un quilo de comida non perecedeira o día da carreira. A inscrición é gratuíta para as categorías menores. O prazo para anotarse en calquera das categorías da carreira de Bóveda remata o día 21.
Por outra banda, está prevista a celebración, o día 30, da XV Carreira Popular Ruta do Románico en Pantón.
En canto á carreira de Ribas de Sil, o gañador da proba absoluta foi Juan Antonio Gude, do Club Montepenarrubia de Lugo, que ocupa o primeiro posto na clasificación xeral do Circuíto Ribeira Sacra. En mulleres, a gañadora foi a taboadesa Sonia Vázquez Rodríguez, do Club Atletismo Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito do Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad International Ladies Open

Seguinte Nova

• A Consellería de Cultura destina 254.000 euros á rehabilitación da igrexa de San Salvador de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: