• O pasado 27 de xullo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou en Lugo os novos coches de Polícia Local dos concellos de Monforte de Lemos e Sarria, ademais de Burela, Guitiriz, Ribadeo e Vilalba. Según explicou o responsable autonómico, a Xunta está a aportar esta dotación a preto de medio cento de concellos galegos, «que mellorarán os medios técnicos e a mobilidade destes corpos locais e, polo tanto, poderán prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía». Os novos vehículos entregáronse ao abeiro dunha orde de axudas en concorrencia competitiva dotada con máis de un millón de euros, que lles vai permitir contar aos concellos galegos con case 50 coches e máis de 25 motocicletas para as súas policías locais. •