Julia Rodríguez abre á veciñanza a sede do PP monfortino para atender suxerencias

• O curso político en Monforte comeza cunha nova iniciativa que pretende abrir máis o espazo político á veciñanza. O grupo municipal do Partido Popular de Monforte decidiu a mediados deste mes abrir a sede do partido, situada na entreplanta do número 42 da rúa Hortas, para que os veciños poidan transmitir as súas suxerencias ou reclamacións aos representantes do Partido Popular na Corporación local.

DE LUNS A XOVES A PARTIR DAS OITO DA TARDE

Julia Rodríguez, voceira municipal desta formación, e o resto dos concelleiros populares, atenderán en persoa as consultas de luns a xoves a partir das oito da tarde.

TER EN CONTA AS DEMANDAS VECIÑAIS NA TAREFA DE OPOSICIÓN

Esta iniciativa xurde da vontade do PP de Monforte de «facer unha oposición seria, rigorosa e achegada á cidadanía». Para esta labor, Julia Rodríguez agradece as aportacións que os veciños e veciñas poidan compartir cos responsables municipais do partido. «Queremos que nos trasladen as súas inquedanzas e reivindicacións, e que as nosas propostas como oposición vaian da man das súas preocupacións como cidadáns de Monforte», explicou Julia Rodríguez.

Ademais, a voceira popular no Concello precisou que este servizo de atención aos cidadáns está aberto non só aos militantes e simpatizantes do partido, senón tamén ao conxunto da cidadanía.

OS CONCELLEIROS DARÁN INFORMACIÓN SOBRE PLENOS E XUNTAS DE GOBERNO

Pola súa banda, os concelleiros populares porán a disposición de todos os interesados o contido das Xuntas de Goberno que se celebran no Concello, así como o contido das mocións que o PP leve aos Plenos municipais.

O PP DE MONFORTE NAS REDES SOCIAIS

Dende o Partido Popular de Monforte seguen a manter abertos e actualizados os canais de información habituais na súa web, www.ppdemonforte.com, e nas redes sociais de facebook e twitter, así como un novo enderezo electrónico, monfortegmpp@gmail.com, no que atenderán todas as comunicacións que se reciban.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Láncara reduce a 20 días o prazo medio de pago a provedores

Seguinte Nova

Tomé pediu ao Eixo igualdade de condicións para os pequenos concellos no acceso a axudas

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: