O grupo municipal do Partido Popular de Láncara presentou unha moción ao Pleno pedindo a posta en marcha dun programa lúdico-educativo destinado a nenos e nenas menores de tres anos. Según explicou o seu voceiro, Santiago Cubillas, hai varios locais que poden acoller estas actividades, como o espazo polifuncional da feira, na antiga Oficina de Correos nos baixos da Casa Consistorial, ou no propio colexio Ramón Piñeiro. Para xustificar esta necesidade, Cubillas tamén se referiu á alza da natalidade nos últimos anos, pasando de 10 nacementos no 2013, a 14 en 2014, e ata setembro deste ano naceron outros 7 meniños. Cubillas lembrou que iniciativas deste tipo, como a gardería ou o cheque-bebé, xa figuraban no seu programa electoral, «xa que son interesantes a nivel social, para fixar poboación e ademais son demandadas polos veciños». Por último, o voceiro popular en Láncara instou ao equipo de goberno a «tomar exemplo» dos concellos veciños de O Páramo e O Corgo. Neste último, o Concello cedeu un local no colexio para desenvolver este tipo de actividades.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa