Os alcaldes da Mancomunidade do Camiño Francés coñeceron o Plan Director da Xunta

A reunión dos alcaldes da Mancomunidade do Camiño Francés coa directora de Turismo de Galicia celebrouse en Santiago o último día de setembro. (Foto: Ana Varela).
A reunión dos alcaldes da Mancomunidade do Camiño Francés coa directora de Turismo de Galicia celebrouse en Santiago o último día de setembro. (Foto: Ana Varela).

• A mellora de albergues, sinalización e seguridade viaria son as prioridades do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago que a Xunta aprobou recentemente, e que vén de presentar aos alcaldes da Mancomunidade do Camiño Francés.

CASE 400 AXENTES PÚBLICOS E PRIVADOS PARTICIPARON NA ELABORACIÓN DO PLAN

Durante a reunión mantida o 30 de setembro cos rexedores destes municipios, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou que este documento é clave no desenvolvemento turístico de Galicia. Castro precisou que, para elaborar este Plan, a Xunta procurou «a máxima participación» dos axentes e institucións implicados, e con este fin foron consultados 170 organizacións e 220 persoas, representantes de Administracións Públicas, de asociacións de Amigos do Camiño, da Igrexa, turoperadores, hostaleiros e grupos de investigación sobre a cultura xacobea, entre outros.

OBXECTIVO PARA O 2021

Asimesmo, Nava Castro pediu aos alcaldes dos municipios que integran a Mancomunidade do Camiño Francés a súa colaboración para traballar de forma coordinada. A directora de Turismo de Galicia apuntou que o obxectivo deste Plan é acadar no 2021 un Camiño de Santiago xestionado integralmente por todas as administracións e axentes implicados, «hospitalario, sostible social, económica e medioambientalmente, protexido e conservado, que satisfaga as necesidades do peregrino e cumpra as súas expectativas, conectado globalmente e accesible, xerador de coñecemento e que internacionalmente a marca Galicia».

MELLORAS EN ALBERGUES E NA SINALIZACIÓN DO CAMIÑO FRANCÉS

En canto ás melloras para o Camiño Francés, Nava Castro explicou que os primeiros pasos xa neste mesmo ano estarán centrados na mellora dos albergues, na sinalización e na seguridade viaria. Estas melloras inclúen a renovación das cabinas de hospitaleiros de Triacastela, Calvor, Sarria, Barcadelo, Ferreiros, Palas de Rei, Casanova e Arta, así como a mellora da imaxe dos albergues de Calvor, Barbadelo, Palas e Arca, e a realización dun plan de sinalización analizando as problemáticas da sinalización actual que garantirán a seguridade viaria.

VINDEIRAS ACCIÓNS

Para os próximos anos, o Plan Director inclúe elementos como a actualización do Catálogo Patrimonial; o estudo e intervención dos recursos patrimoniais, especialmente os declarados BIC; a xestión eficiente de residuos; o plan de Eficiencia Hídrica e Enerxética; a catalogación do Patrimonio Natural; o desenvolvemento do Smart Camiño; a rehabilitación dos núcleos de poboación, ou o plan de asistencia sanitaria, entre outras iniciativas.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Axuda provincial para celebrar a XXVIII Festa da Castaña en Seoane do Courel

Seguinte Nova

Monforte celebrou o Día da Policía

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: