Reclaman á Xunta unha “solución” para o estudantado da FP Básica

• O deputado autonómico e portavoz de Educación do Grupo Parlamentario socialista, Vicente Docasar, esixiu á Xunta unha «solución» para os estudantes de FP Básica. Esta é a terceira ocasión en que o socialista interpela ao Goberno galego sobre esta cuestión, para solicitar unha moratoria na elaboración das programacións didácticas desta rama, que non foi posible elaborar a tempo polo «xeito atropelado» no que, según os socialistas, foi aplicada a LOMCE.

OS DOCENTES NECESITAN TEMPO E FORMACIÓN PARA ACOMETER ESTAS NOVIDADES NA FP BÁSICA

O deputado socialista levou á sesión da Comisión a testemuña dun xefe de estudos con ampla experiencia educativa, alertando da preocupación que percibe no profesorado diante das posibles reclamacións provocadas por desaxustes nas programacións didácticas.

Sinala que o profesorado non está actualmente en condicións de elaboralas axeitadamente porque non foron formados, e de aí precisamente a necesidade dunha «moratoria temporal» para abordar esta importante cuestión en colaboración coa inspección educativa e cos CEFORES.

OS ESTUDANTES, NUN «LIMBO LEGAL» ATA 2017

Docasar suliñou que esta situación tamén situou nun «limbo legal» ao estudantado da FP Básica, que están cursando uns estudos dos que non poderán estar formalmente titulados ata 2017. O deputado socialista reclamou ao Goberno galego que recapacite e teña en conta as demandas da comunidade educativa.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

18 medallas para os de Neka no Torneo Cidade de Vilalba

Seguinte Nova

A Xunta unifica os sinais para o Camiño de Santiago

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: