O BNG insta ao goberno a mellorar as infraestruturas ferroviarias en Lugo

FOTO: Arquivo

No último pleno provincial, o BNG conseguiu a aprobación dunha moción na que se esixe ao goberno estatal que axeite e incremente os investimentos nas infraestruturas e servizos ferroviarios da provincia de Lugo, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de transporte realmente útil para a cidadanía.

RECLAMACIÓN DAS COMPETENCIAS FERROVIARIAS
A proposta, que recibiu o apoio do goberno provincial, marca como prioridades a electrificación das conexións Lugo-Ourense e Lugo-A Coruña, a remodelación da liña do antigo FEVE (Ferrol-Ribadeo) e o inicio dos estudos da variante Curtis-Ordes para unir Lugo con Compostela. Ademais, insta á Xunta de Galicia a reclamar as competencias ferroviarias para crear un ente público de xestión ferroviaria, recoñecidas no Estatuto de Autonomía.
«A cidade e a provincia de Lugo teñen que deixar de estar marxinadas en materia de infraestruturas ferroviarias. É preciso poñer a Lugo no mapa e comunicar á nosa veciñanza», afirmou a deputada Iria Castro, quen criticou a posición do Partido Popular por opoñerse á proposta e «botar balóns fóra», evitando as súas responsabilidades na xestión das competencias ferroviarias.

DESDOBRAMENTO DO CORREDOR NADELA-SARRIA-MONFORTE
Neste contexto, tamén se reprobou a falta de compromiso do PP coas infraestruturas galegas, tanto nos anos de goberno como na oposición en Madrid.
Ademais, no pleno provincial aprobouse por unanimidade unha moción para instar á Xunta de Galicia a executar a obra do desdobramento da totalidade do trazado do corredor Nadela-Sarria-Monforte, presentada polo PSdG. O vicepresidente da Deputación e deputado provincial Efrén Castro, reclamou ao goberno galego que concrete «uns prazos razoables para a execución das obras no corredor», que conta cun total de 54 quilómetros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta apoia as demandas do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia

Seguinte Nova

Catro millóns de euros en axudas para a reestruturación e reconversión da viña

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss