• A mediados deste mes, a brigada municipal de obras do Concello de Monforte procedeu a reparar o firme da pasarela situada xunto ao asilo. Os traballos consistiron na substitución dunha parte das táboas de madeira, deterioradas pola climatoloxía.
MÁIS SEGURIDADE E MELLOR ASPECTO
Dende o Concello suliñaron que esta actuación mellora a estética desta infraestrutura urbana, ao tempo que garante a seguridade dos viandantes ante posibles esvaróns.•