Comeza a 5ª tempada da Escola de Golf de Pantón

• Dende este mes de abril, está en marcha a Escola de Golf Infantil 2016 no complexo de Augas Santas, organizada polo OCA Augas Santas Golf&Resort, coa colaboración do Concello de Pantón e a Federación Galega de Golf.

PARA NENOS E NENAS DE 6 A 16 ANOS

A Escola Infantil de Golf, que acada a súa quinta tempada, vai dirixida a nenos e nenas de 6 a 16 anos. As sesións formativas impártense os sábados en grupos reducidos e organizados por idades e nivel. As clases están a cargo de Manuel López García, monitor e xogador profesional de golf.

ESCOLA GRATUÍTA

Tanto a inscrición como a equipación son totalmente gratuítas. A Escola Infantil de Golf de Pantón ten como obxectivo achegar aos máis novos a este deporte, aproveitando as características das instalacións de Augas Santas. Ademais, a Escola trata de transmitir os valores do golf e do deporte en xeral ás futuras xeracións.

As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do OCA Augas Santas, e obter máis información no teléfono 982 456705.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO COLEXIO MONTE BALIÑO DE PANTÓN

Seguinte Nova

A Feira do Viño de Vilachá cumple 25 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: