• A UAD de Monforte organiza o venres 13 de maio un obradoiro sobre hábitos de vida saudables. A actividade desenvolverase no salón de actos do Hospital Comarcal de Monforte, en horario de 16,30 a 20,30 horas. O obradoiro, dirixido á cidadanía en xeral, inclúe recomendacións para unha vida saudable, e a importancia da alimentación e da actividade física no desenvolvemento corporal e na saúde. A actividade está a cargo de Ana Martínez Lorente e Orlando Blanco Iglesias, técnicos do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A Xunta vén de declarar a emerxencia cinexética temporal pola presenza e os danos ocasionados polo
O aceite de Quiroga volverá recorrer España -e xa por cuarta vez- coa volta ciclista, La
O Concello de Sober acomete obras de mellora nos Campos de fútbol de Centeás e A
O pasado 9 de agosto clausurouse unha exitosa edición da Mostra Artelemos 2023, que contou coa
No ano 1998 creouse entre a comarca de Sarria e a comuna de Guerlédan, situada na