Exposición no Hospital de Monforte sobre os 25 anos do Sergas

• O Hospital Comarcal de Monforte acolle dende o 22 de xuño unha exposición conmemorativa dos primeiros 25 anos do Servizo Galego de Asistencia Sanitaria (SERGAS). A mostra, integrada por diversos paneis explicativos, fai un percorrido pola evolución do sistema sanitario na área sur, con especial atención á creación do Hospital monfortino, que foi inaugurado no mes de maio de 1986.
A exposición recolle a evolución do Hospital de Monforte dende os seus inicios, cos diversos servizos e as novidades que se introduciron en todos estes anos. A mostra recolle tamén o avance que supuxo a ampliación en 6.000 metros cadrados dos espazo inicial, inaugurada en 2006, e a incorporación da tecnoloxía diagnóstica na década dos 90.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 31 de xullo para enviar traballos ao Certame Poético de Quiroga

Seguinte Nova

O 9 de xullo será a I Carreira Popular Vila de Sarria Nocturna

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: