O 9 de xullo será a I Carreira Popular Vila de Sarria Nocturna

• Ata o martes 6 de xullo ás 24,00 horas está aberto o prazo de inscrición na I Carreira Popular Vila de Sarria 10 Km Nocturna, organizada polo clube Running Sarria en colaboración co Concello. A proba inclúe varios trazados urbanos para as tres categorías menores, de 6 a 7 anos, de 8 a 11, e de 12 a 15 anos, así como proba absoluta, con clasificación por idades. O trazado completo conta con 10 quilómetros de circuíto urbano praticamente chan e homologado, con tres voltas, dende a ponte do Malecón, rúas Calvo Sotelo, Pedro Saco, Nova, Matías López, Benigno Quiroga e Castelao.

INSCRICIÓNS ON LINE
A inscrición será gratuíta para as categorías menores, de 6 euros para os propietarios de chip amarelo de Championchip, e de 7 euros para os non propietarios do chip. Todas as inscricións deberán realizarse a través da páxina www.championchipnorte.com.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais e chips poderán recollerse entre as 19 e as 22 horas do mesmo día da carreira, nun posto habilitado na zona de saída da carreira, na rúa Calvo Sotelo.

OBSEQUIO PARA TODOS OS PARTICIPANTES
Haberá trofeo para o primeiro clasificado en cada categoría, e medallas para o segundo e terceiro, que se entregarán ao remate da proba. Tamén se premiará ao primeiro corredor local masculino e feminino. Todos os participantes recibirán un obsequio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exposición no Hospital de Monforte sobre os 25 anos do Sergas

Seguinte Nova

Quiroga acollerá en agosto o IX Basket Training Camp, organizado polo CB Ciudad de Ponferrada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: