Aberta a inscrición nas Escolas Deportivas de Monforte

• O Concello de Monforte anunciou que está aberto o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2016-2017.
ACTIVIDADES PARA NENOS E ADULTOS
Para nenos e nenas de 6 a 15 anos, a oferta inclúe patinaxe, golf, pádel, kung fu, xadrez, zumba infantil, e porteiros de fútbol. As actividades para adultos son ximnasia de mantemento, tai chi, ioga, zumba e xadrez. Todas as sesións comezarán no mes de outubro, e se desenvolverán ata finais do mes de maio.
As inscricións deberán realizarse nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, situadas nas Casiñas da Compañía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Vacacións activas no Círculo Saviñao de Escairón

Seguinte Nova

Deporte, saúde e diversión nas diversas actividades do Programa Deportivo de Verán 2016 do Concello de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: