• Ata o 14 de setembro pode verse na Casa da Cultura de Monforte a mostra “As nenas e nenos soldados”, organizada polo Concello en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra busca sensibilizar sobre a problemática da utilización de menores en conflictos armados. A exposición completouse cunha conferencia sobre este tema. •





