Máis de 200 xogadores achegáronse a Pantón para participar nos recentes torneos de Augas Santas

•Un cento de golfistas disputaron a finais de maio a cuarta proba do Open de Galicia 2017, e outros 100 participaron no Desafío de Golf Opel Cesmauto 2017

Foto de grupo dos gañadores da cuarta proba clasificatoria do Open de Galicia 2017, disputada en Augas Santas. (Foto cedida).
Augas Santas continúan a ser un punto de referencia na prática do golf de Galicia. Máis de 200 persoas participaron nas probas celebradas a finais do mes pasado, en competicións de ámbito autonómico e comarcal.
OPEN GALICIA
O campo de golf de Pantón acolleu, o terceiro fin de semana de maio, a cuarta proba clasificatoria do circuíto Open de Galicia 2017, que reuniu nas instalacións de Augas Santas a 106 xogadores. Na categoría scratch, o gañador foi Jorge San Martín Lens, cun resultado de 73 golpes, seguido por Higinio López Taboada e Felipe López Saco, que completaron a proba cun total de 76 golpes cada un.
Na primeira categoría, destacaron os locais Eulogio Blanco e Manuel Caramés, con 40 puntos cada un. A segunda categoría estivo liderada por Gustavo Comparada e Nacho Iturregui, con tarxetas de 42 e 41 puntos. A categoría Faro Facility Services, para a mellor tarxeta stableford realizada por un xogador sub 17, premiou a Gonzalo del Pino Casado, de 16 anos, que rematou con 38 puntos.
Vencedores do Desafío de Golf Opel Cesmauto 2017, nas instalacións de Augas Santas a finais de maio. (Foto cedida).
TORNEOS DA RIBEIRA SACRA
Por outra banda, na última fin de semana de maio, disputouse en Augas Santas o Desafío Opel Cesmauto 2017. O gañador handicap foi José Eulogio Blanco, seguido por Máximo Castro, ambos con 41 puntos, e en terceiro lugar Gabriel Fernández, con 40. O vencedor scratch foi Jaime Veiga, con 30 puntos brutos, e Fátima Franco recibiu o premio á mellor dama.
Nesta xornada, disputouse a fase de ida do V Interclubes Augas Santas Golf Río Cabe, que rematou con vantaxe para o equipo local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 15 de xuño para inscribirse nos 3 novos cursos do LugoWork

Seguinte Nova

Música, natureza, gastronomía e arte daranse cita en Monforte e Sober no festival internacional 17º Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: