10 concellos do sur lucense contan xa cun desfibrilador para emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o delegado en Lugo, José Manuel Balseiro, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, na entrega dos desfibriladores aos equipos de emerxencias. GPDTL

 

• A mediados de febreiro, a Xunta entregou un total de 47 desfibriladores a 40 concellos e aos seis parques de bombeiros da provincia. Segundo explicou o delegado autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, «o Goberno galego entende que as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e os GES deben dispoñer desta valiosa ferramenta pola súa capacidade de resposta nas emerxencias do seu entorno».
Na zona sur, os concellos que recibiron este dispositivo foron Carballedo e Chantada, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, Monforte de Lemos, Sober e A Pobra do Brollón, así como O Incio e Sarria. Os 40 concellos lucenses foron seleccionados por dispoñer de Grupos de Emerxencias Supramunicipais ou agrupacións de Protección Civil.
Balseiro precisou que a Xunta está a poñer en marcha unha «estratexia de cardioprotección» que inclúe o uso de desfibriladores fóra do ámbito sanitario, dando formación a colectivos para o seu uso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

160 familias reciben axuda de Cruz Vermella en Monforte

Seguinte Nova

A monfortina Saleta Fernández, campiona de España de salto de altura

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss