Un 65% máis de horas do SAF da Xunta para tres comarcas do sur de Lugo

A Xunta aumenta este servizo asistencial en 19.737 horas máis ao mes nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga durante a pandemia

José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo, nunha imaxe de arquivo. (Arquivo EC)

A atención no domicilio que está a ofrecer a Xunta verase incrementada un 65% durante o tempo que dure a alerta sanitaria nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga. Deste xeito, a Xunta aumenta en 19.737 horas máis ao mes, sen coste ningún para os usuarios, xa que será o Executivo autonómico que asuma o importe que habitualmente pagaba o beneficiario do servizo.

PARA ATENDER CASOS URXENTES DE PERSOAS QUE NON ERAN USUARIAS DO SAF, PERO QUE PODEN NECESITALO DEBIDO Á ALERTA SANITARIA

O delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, afirmou que o Goberno galego porá estas horas á disposición dos concellos destas tres comarcas, que serán os que deberán destinalas aos casos considerados máis urxentes segundo as valoracións dos Servizos Sociais municipais. Balseiro salientou que esta medida pretende dar atención profesional a todas aquelas persoas que non eran usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, pero que poidan ter necesidade de ser atendidas por mor da actual crise sanitaria.

USUARIOS DOS CENTROS DE DÍA PECHADOS, E SOLICITANTES DE DEPENDENCIA PENDENTES DE VALORACIÓN, ENTRE OS POSIBLES BENEFICIARIOS

Entre os posibles beneficiados, estarían aquelas persoas rexistradas nos casos máis urxentes detectados polo Programa de Asignación de Recursos, e os usuarios dos centros de día, agora pechados polo estado de alarma. Tamén poderían beneficiarse deste incremento de horas os solicitantes de dependencia pendentes de valoración.

Dende a delegación territorial de Lugo salientaron que este SAF extraordinario entra dentro do paquete de medidas do Plan Social de Continxencia que aprobou o Consello da Xunta para responder ás necesidades provocadas pola alerta sanitaria na nosa comunidade.  

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un Monforte baleiro na fin de semana de Pascua

Seguinte Nova

O Concello do Saviñao compra outras 4.000 mascarillas

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: