A Xunta executou estas obras dentro dun proxecto provincial que inclúe outras catro estradas lucenses, por importe de 512.000 euros
A mediados de abril, quedaron rematados os traballos de desbroce e tala nas marxes do corredor que une Lugo e Monforte de Lemos, nun total de 13 quilómetros. Segundo explicaron dende a Delegación Territorial, esta vía de alta velocidade inclúe o 50% dun proxecto provincial que abrangue outras catro estradas, cunha achega total de 512.000 euros, a través dunha encomenda á empresa pública Seaga.
LIMPEZA DE ÁRBORES E ARBUSTOS NOS TALUDES
Os traballos consistiron na retirada de árbores e arbustos das franxas de dominio público deste vial, sobre todo nos taludes. A elección dos tramos baseouse nas características e abundancia da masa vexetal. Segundo precisaron dende a Delegación Territorial, estas accións limitarán a aparición de incendios forestais, e aumentarán a seguridade vial evitando a caída de árbores ou ramas en caso de temporal.
ACTUACIÓNS EN BÓVEDA E O INCIO
As labores realizáronse en varios tramos. Nos municipios de Lugo e O Corgo, limpáronse as franxas entre os puntos quilométricos 0 e 10,7. No Incio, o tramo escollido foi entre os puntos 34,4 e 36,5. As accións completáronse coa limpeza do treito que vai do punto quilométrico 38,1 ao 38,3 no Concello de Bóveda.