1,4 millóns de euros para a sinalización do Camiño de Inverno

VISITA DEL VICEPRESIDENTE DE LA XUNTA ALFONSO RUEDA A LA BODEGA VIA ROMANA PARA PRESENTAR MEJORAS EN EL CAMINO DE INVIERNO

Xa está en marcha o plan de mellora da sinalización do Camiño de Inverno, para o que a Xunta destina 1,4 millóns de euros. O proxecto abrangue case 200 quilómetros que transcorren por un total de 14 municipios. Os labores deberán estar rematados a mediados de abril de 2020.

ARRANXO DE TRAMOS
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, ofreceu os datos desta intervención durante a súa visita a Chantada a comezos deste mes. Rueda, acompañado polo delegado en Lugo, Javier Arias, precisou que o proxecto inclúe a rehabilitación de varios tramos desta ruta xacobea, para adecuar o solo ou das anchuras do percorrido, para manter unha homoxeneidade co resto do itinerario.
En canto á sinalización, tamén se está a unificar o sistema de marcas, empregando cunchas en parede, fitos de pedra ou elementos doutro tipo, como mouteiras de lousa nos concellos da comarca de Valdeorras.
Rueda lembrou tamén que as obras do futuro albergue público do Saviñao están a piques de comezar. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Feijóo anuncia unha suavización das restricións

Seguinte Nova

O Goberno provincial presenta os Orzamentos para 2021, que ascenden a 92,5 millóns de euros

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss