Feijóo defendeu na Feira Fitur o protagonismo de Galicia no Xacobeo 21-22 como destino seguro e de calidade

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, conversa con SS.MM. Felipe VI e Letizia na inauguración da Feira Internacional de Turismo (Fitur), o pasado 19 de maio. GPXG

Galicia «xa está preparada» para recibir «cos brazos abertos» a toda a xente que queira chegar «ao córner de Europa». Así o afirmou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na inauguración da Feira Internacional de Turismo (Fitur), o pasado 19 de maio. O mandatario autonómico destacou que «co Ano Santo, Galicia abre a porta ao viaxeiro e convértese no mellor lugar do mundo», e para promocionalo, o standa da comunidade en Fitur estivo centrado no Xacobeo 21-22.
A intervención de Núñez Feijóo na apertura do espazo promocional de Galicia insistiu na cualificación de Galicia como «destino seguro e de calidade», ao que tamén hai que sumar, segundo o mandatario galego, a etiqueta de «destino turístico sostible».
O TURISMO, «SECTOR CLAVE» PARA REACTIVAR A ECONOMÍA TRALA PANDEMIA
Logo de describir os atractivos principais que ofrece Galicia para os amantes da natureza, a cultura e a gastronomía, Núñez Feijóo puxo de manifesto que o turismo é «un sector clave» para a reactivación económica, ao ser a segunda industria en xeración de emprego. «Estamos a falar dun sector que sempre trae boas novas», afirmou o titular autonómico en referencia aos máis de cinco millóns de visitantes que se achegaron a Galicia en 2019, e que fixeron máis de 11 millóns de pernoitas.

COMPOSTELA, UNHA CAPITAL RENOVADA PARA OS VISITANTES
Así mesmo, o mandatario galego enumerou os novos atractivos que o Camiño de Santiago reserva para os peregrinos. A reinauguración da Catedral de Santiago, a recuperación do esplendor do Pórtico da Gloria, a revitalización do Monte do Gozo e o acondicionamento das infraestruturas de entrada á capital de Galicia sumáronse, no discurso de Feijóo en Fitur, aos «miles de quilómetros que vertebran o Camiño». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación presentou en Fitur a campaña «Lugo, la provincia es tu Camino», que aposta polo turismo experiencial e non masificado

Seguinte Nova

O xeodestino Ribeira Sacra, recoñecido co distintivo SICTED polo seu compromiso coa calidade turística a nivel nacional

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: