Nova licitación para a restauración dos retablos da igrexa do Colexio do Cardeal

• O contrato ten un importe de 87.000 euros
• A Xunta ten en marcha traballos de rehabilitación neste espazo, nos que investiu 420.000 euros

Javier Arias na igrexa do Colexio do Cardeal, na que a Xunta está a realizar intervencións de recuperación deste ben monumental. GPXG

• Redacción- MONFORTE.
A Xunta prepara unha nova intervención para a conservación de diversos elementos da igrexa do Colexio do Cardeal. A mediados de agosto, publicouse a licitación dos traballos de restauración dos retablos deste templo, cun importe de 86.821 euros. Esta actuación vén sumarse aos traballos que están actualmente en marcha para rehabilitar o edificio, e que contan cun investimento da Xunta de 420.000 euros.

RESTAURACIÓN DE PRETO DUNHA DECENA DE RETABLOS
O detalle do proxecto explicou Javier Arias, delegado autonómico na provincia, durante a visita que realizou en agosto a Monforte. Os próximos traballos suporán unha intervención integral nos retablos retablos de Nosa Señora das Escolas Pías, San Xosé de Calasanz, Santo Cristo, San Xosé, Virxe das Dores, Virxe de Fátima, Santo Antón e a Adoración dos Reis, xunto co púlpito e o tornavoz. Sobre estas pezas, realizarase unha completa limpeza, con eliminación de elementos alleos e desinsectación, ademais de actuar na consolidación da madeira e na reintegración cromática de volumes, entre outras tarefas.

RECUPERAR O PATRIMONIO DA RIBEIRA SACRA
Javier Arias manifestou que o conxunto dos traballos que financia o Executivo galego buscan «a posta a punto da igrexa, en coherencia coa recente declaración como Ben de Interese Cultural e no marco do esforzo que a Xunta está a realizar pola recuperación do patrimonio da Ribeira Sacra”.
Neste sentido, o delegado da Xunta en Lugo anticipou que, dado o bo ritmo das obras, os traballos de conservación da estrutura poderían estar rematados en outono. As obras en marcha actúan sobre a igrexa, o claustro e as áreas de visita pública, para solucionar diversos problemas que afectan ao edificio, entre as que están as gretas provocadas polo gran terremoto acaecido en Lisboa de 1755 e que cómpre resolver aínda que non comprometen á estabilidade das bóvedas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completado o arranxo da Praza Doutor Goyanes

Seguinte Nova

Arranxo da ponte de Pacios da Veiga, en Brollón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: