Plena actividade nos traballos de mellora do tramo Ourense-Monforte-Lugo

• O presidente de Ineco, Sergio Vázquez Torrón visitou as obras de modernización do corredor ferroviario

Imaxe da visita de supervisión dos traballos na liña Ourense-Monforte-Lugo. MTMAU..

Aos poucos vaise notando o incremento de actividade nas obras de mellora da liña ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo, as que aos catro ventos se anunciaron hai algúns meses, cun investimento total superior aos 500 millóns de Euros, e que dicían, terían unha gran repercusión na creación de emprego no Sur de Lugo.
E proba de que as cousas comezan a moverse é a recente presenza de Sergio Vázquez Torrón, presidente de Ineco, nas obras de mellora do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos – Lugo onde a enxeñería e consultoría do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana presta asistencia técnica a Adif desde 2020 para mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo. Acompañado polo delegado do Goberno, José Miñones; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e por Luís M. Palacios, xerente de Área de Mantemento de Ourense e P.D. Noroeste de Adif; Sergio Vázquez Torrón interesouse polos traballos de modernización da Rede entre Ourense e Lugo, visitando as obras no Viaduto da Chanca. Con máis de 150 anos ás súas costas, esta infraestrutura, que mantén os seus piares orixinais, será clave para a conexión de Madrid coa cidade máis antiga de Galicia. Ademais, tamén quixeron coñecer de primeira man os traballos na boca norte do Túnel de Oural, de 1.800 metros de lonxitude, que substituirá ao actual do mesmo nome. A súa construción é o proxecto tecnicamente máis complexo dos 71 que Adif ten en marcha dentro do plan estatal de modernización da liña férrea entre Ourense, Monforte e Lugo.
Ineco presta apoio a Adif en todo o corredor con servizos de dirección e de control e vixilancia das obras que inclúen a renovación da infraestrutura e a vía, a mellora de estruturas (pontes, túneles, explanaciones, etc.), de las instalaciones de señalización y telecomunicaciones, de la línea aérea de contacto, así como supresiones de pasos a nivel.
Durante o encontro que celebrou co equipo de Ineco en Galicia, Sergio Vázquez Torrón destacou que “Ineco é unha empresa cargada de futuro, un referente en mobilidade sostible e transformación dixital, e o seu arraigamento con Galicia vai ir a máis”. A compañía conta con máis de 135 profesionais, distribuídos nas catro provicias da rexión, colaborano na transformación das infraestruturas galegas. Un equipo que incrementou os seus profesionais en máis dun 50% ao longo dos tres últimos anos, consolidando a súa presenza en Galicia, con especial relevancia na provincia de Lugo, onde se agrupa o maior número de traballadores e técnicos superando os 50.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Val de Lemos infantil adiántase na final do Campionato

Seguinte Nova

Formarse traballando en Europa

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: