Aos poucos, a sociedade vai recuperando a normalidade interrompida pola Pandemia, e con ela volven organizarse de novo eventos como as Feiras do Viño na nosa comarca.
Xa se detallou noutras páxinas do xornal o rotundo éxito organizativo e de público das Feiras de Amandi e Quiroga, que son as primeiras en abrir o calendario festivo esta tempada, pero que non serán as únicas, pois xa están confirmadas as datas para a Feira do Viño de Vilachá, na que será a súa 29 edición, os días 7 e 8 de maio. Tamén a de Pantón, o 14 e 15 de maio. E tamén, una das máis concorridas, a de Chantada, que chega a súa 39 edición, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de xuño.
Ademais, o Concello de Monforte xa confirmou que está a traballar na organización dunha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebrará en Monforte a primeira fin de semana de xullo.•